Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes e Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO 19 NOVEMBRO (DATOS DE ONTE)

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con casos activos. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Silleda e Vila de Cruces. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 casos activos, os mesmos que onte.
Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concellos libre de casos activos, é o caso de Santiso e Sobrado dos Monxes. Pola súa parte Melide e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Antas de Ulla. Pola súa parte Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Comments