top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 19 de marzo

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 19 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 39 casos activos, dos máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 44 casos, tres máis que onte. Pola súa parte Touro ten 10 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 204 afectados, dous máis que na xornada de onte. Silleda conta con 80 casos activos, dez máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 33 casos activos, cinco máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 50 casos activos, oito menos que na xornada de onte. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, mentres que Sobrado dos Monxes conta con 11 casoa ctivos, dous máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase con 11 casos activos, dous menos que onte.


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page