Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO 19 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 51 casos activos, sete menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 17 casos activos, un menos que fai 24 horas. O Pino ten 62 casos, 18 menos que onte. Pola súa parte Touro ten 40 casos activos, catro menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende onte nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 302 afectados, 29 menos que na xornada de onte. Silleda conta con 129 casos activos, 14 menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 71 casos activos, tres menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 135 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Santiso ten 21 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 29 afectados, tres máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 16 casos activos, un máis que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 27 casos activos, dous menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 53 casos, sete menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 29 casos activos, dous menos que na xornada de onte.

Comentarios