top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 18 de xuño

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 18 XUÑO (DATOS DE ONTE SÁBADO)

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 17 afectados, un menos que fai 24 horas. O Pino sitúase con 12 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte Touro conta con 13 afectados, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 12 afectados, un máis que onte. Lalín conta con 42 afectados, seis máis que fai 24 horas. Silleda conta con 15 afectados, cinco menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 10 afectados, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 32 afectados, seis máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla conta con 15 afectados, os mesmos que onte. Monterroso sitúase con 12 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei sitúanse con 10 casos activos, un menos que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page