top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 18 de decembro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 18 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte Arzúa, sitúase con 17 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Boimorto teñen 11 casos activos, un máis que na xornada que onte. Touro ten 10 casos activos, os mesmo que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Agolada ten tres positivos, segundo confirmou o concello onte pola mañá. Silleda conta con 20 casos activos, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 63 afectados, tres máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 11 casos activos, un máis que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte o municipio de Melide, sitúase con 12 casos activos, catro menos que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 10 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Mentres que os municipios de Monterroso sitúase con 14, un máis que fai 24 horas e Palas de Rei, sitúanse con 13 casos activos, os mesmos que onte.



 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page