top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 17 de abril

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Son 12 os municipios que non rexistran novos contaxios nos últimos sete días, pero tres deles seguen tendo algún afectado segundo a incidencia acumulada a 14 días


Laura Moure

SÁBADO 17 ABRIL

Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 17 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son 12 os municipios que non rexistran novos casos nas últimas sete xornadas: Agolada, Dozón, Rodeiro, Silleda, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa, Touro e O Pino. Sen embargo, libres de coronavirus só son nove, porque Toques, Silleda e Arzúa seguen tendo algún afectado. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que supera a decena. Cabe mencionar que son practicamente os mesmos datos que onte.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino e Touro non rexistran novos casos nos últimos sete díes. Desde onte tamén figura nesta lista Arzúa porque non tivo ningún novo afectado nestas últimas xornadas, pero sigue tendo algún contaxio porque a incidencia acumulada a 14 días é de entre 1 e 9 enfermos. Mentres Boimorto segue nunha escala de entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que desde este luns está no alto.

Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado e Lalín mantense con 13 casos activos. Vila de Cruces está nun rango entre 1 e 9 afectados, concretamente ten nove casos activos. E Silleda, segundo a incidencia acumulada a sete días non ten ningún novo contaxio, pero a 14 días segue estando entre 1 e 9. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días. Tampoco hai novos afectados segundo a incidencia acumulada a sete días en Toques sen embargo, hai que recalcar que este municipio segue tendo algún contaxio e sitúase nun rango de 1 a 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días. Mentres, Melide volve estar nun rango de entre 1 e 9 contaxios. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis, mentres que Palas de Rei volve situarse entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello e que este venres entraron en vigor novas limitacións que afectan a algúns municipios. Así a relación de concellos en cada nivel son:

  • No nivel máximo están A Pobra do Caramiñal, O Grove e Carballeda de Valdeorras. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto están Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas para os bares e ás 23 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.O peche dos bares é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás once da noite.

  • E por último, no nivel medio-baixo figuran o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 23:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.

Así mesmo, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mércores outros cambios que xa están en vigor:

  • O toque de queda pasa a ser ás 23:00 horas.

  • Os bares e cafeterías manterán o horario de apertura ata as 21:00 horas e os restaurantes poden abrir ata as 23:00 horas (terá que ser con reserva previa, deberán manter rexistro de clientes e contar con medidores de CO2 do aire).

  • Nas residencias da terceira idade: Sen límites de visitas, polo que poderán visitarlos calquera familiar, pero sempre con cita previa. E os maiores poden saír á rúa tres veces por semana cunha duración de catro horas cada vez.

  • Galicia seguirá pechada perimetralmente.


O luns 19, novas modificacións nalgúns concellos

Este luns, 19 de abril, entrarán en vigor modificacións no nivel de restrincións que afectarán a algún municipio. Así a relación de concellos con determinadas limitacións quedará así:

  • No nivel máximo seguirán A Pobra do Caramiñal, O Grove e Carballeda de Valdeorras e sumarase Cualedro.

  • No nivel alto continuarán Cortegada, O Barco de Valdeorras, Padrenda, Rubiá, Barreiros, Boimorto e Boiro e uniranse Cambre e Lobeira.

  • No nivel medio: seguirán estando O Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Muxía, Ortigueira, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño e As Neves e sumaranse A Illa de Arousa, As Pontes, Carral, Cambados, Catoira, Cangas e Vilagarcía.

  • E por último, no nivel medio-baixo figuran o resto dos municipios galegos.

Fonte: Ecos da Comarca. *


*Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a sete días, polo que hai concellos que a 14 días seguen tendo algún afectado como explicamos no texto.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page