Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 16 de xullo
- IsmaelRS

- 17 jul 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 18 jul 2022
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO 16 XULLO (DATOS DE ONTE)

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 10 afectados, dous menos que fai 24 horas. Pola súa parte O Pino sitúase con 10 afectados, catro menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 41 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Silleda conta con 10 afectados, oito menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 11 afectados, un máis que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 19 afectados, tres máis que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.








Comentarios