Contamos con quince municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO16 OUTUBRO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con catorce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.
COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, todos os municipio están libres de covid: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
Na comarca dezana contamos con catro municipios libre de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón, Silleda e Rodeiro. Pola súa parte Lalín e Vila de Cruces están nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varias xornadas.
COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca Terra de Melide todos os municipios están libres de casos: Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques.
COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
Comentários