Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 15 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO15 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 101 casos activos, trece máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 40 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 108 casos, oito máis que onte. Pola súa parte Touro ten 47 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 32 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 20 afectados, tres máis que fai 24 horas. Lalín conta con 531 afectados, 40 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 41 casos activos, os mesmos que fai 24 horas, tal como informaou antonte o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 141 casos activos, oito máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 88 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 159 casos activos, sete máis que na xornada de onte. Santiso ten 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 30 afectados, sete máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 26 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 19 casos activos, tres máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 80 casos, catro máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 46 casos activos, cinco máis que na xornada de onte.