Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 15 de maio

Hai oito municipios libres de coronavirus, catro menos dende que comenzou a semana e sobre todo a situación é preocupante en Lalín, que supera os 20 casos activos


Laura Moure / Xeral / ACTUALIZACIÓN 12:30

SÁBADO, 15 MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son oito os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda e Lalín que superan estes valores.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana, Dozón, Agolada e Vila de Cruces están libres de coronavirus desde hai días. O muncipio de Rodeiro tras estar libre do virus durante varias semana pasa a estar nunha taxa entre 1-9 casos. Cabe mencionar que hai uns días o alcalde do municipio, Rubén Quintá, informou que había un contaxiado. Mentres a situación é preocupante en Lalín e Silleda aínda que os afectados están en liña descendente. Hoxe sábado, os casos activos en Lallín son 22, sete menos que fai 24 horas, segundo indican dende o consistorio. E Silleda, tal e como informou o Sergas, son 10 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, agás Lalín e Silleda están no nivel medio.


Na comarca Terra de Melide Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide e Santiso, sitúase nunha taxa entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Melide e Santiso que está no nivel medio.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla é o ínico que está libre de Covid, mentres que Palas de Rei e Monterroso sitúase nunha escala de entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello. Así a relación de municipios en cada nivel son:

  • No nivel máximo están Cambados, Laza e Padrón. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 23:00 horas para os bares e ás 1:00 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín,Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga. O peche dos bares é ás once da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás 1:00 horas.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 23:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 1:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores.

135 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE