top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 14 de maio

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 14 MAIO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 26 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto conta con 10 casos activos. O Pino sitúase con 16 casos activos, dous máis que onte. Pola súa parte Touro sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 46 afectados, tres máis que fai 24 horas. Silleda conta con 15 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 10 casos activos.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide sitúase con 15 casos activos, catro menos que onte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 12 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse entre 1 e 9 casos activos.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page