Son tres os municipios libres de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas
e polo xeral, baixan os afectados en todos os concellos
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO, 14 AGOSTO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son tres os municipios sen ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón e Santiso. Contamos con cinco municipios no nivel medio (Melide, Monterroso, Palas de Rei, Silleda e Touro) e os 12 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa mantense con 10 casos, dous menos que fai 24 horas, O Pino ten 14 afectados, os mesmos que onte, Touro rexistra 20 afectados, tres menos que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.
Na comarca dezana hai dous municipios libres de Covid: Agolada e Dozón. Rodeiro conta con 15 casos activos, tal e como informou hoxe pola mañá o alcalde, Rubén Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 22 afectados, tres menos ca onte; Silleda sube a 36 casos activos, un menos que fai 24 horas, Vila de Cruces continúa con16 afectados, dous menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide hai un só municipio libre de casos: Santiso porque Toques, dende onte volve estar nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. O Sergas indica que Melide ten 19 afectados, cinco menos que fai 24 horas. Pola súa parte Sobrado dos Monxes encontrase entre 1 e 9 casos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 17 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Reis rexistra 18.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:
Nivel máximo de restricións para o concello de O Grove.
Nivel alto na provincia da Coruña, os municipios de Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo, Culleredo, Oleiros, Sada, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ferrol, Muros, Ames e Ribeira; en Lugo os de Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove e Outeiro de Rei; na provincia de Ourense os municipios de O Barco de Valdeorras e Verín; e, na provincia de Pontevedra estarán Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra, Tui, Vigo, Arbo, As Neves e Tomiño.
Nivel medio na provincia da Coruña, os municipios de Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Caban, Coirós, Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda, Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene, Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago, Teo, Carnota, Oroso e Rianxo; en Lugo os de Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte, Mondoñedo, Sarria e Vilalba; na provincia de Ourense os de Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles e Allariz; e, na provincia de Pontevedra estarán A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Pontecaldelas, Vilanova de Arousa, Catoira, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, Mos, O Rosal, Cangas, Ponteareas, Salceda de Caselas, Silleda e Valga.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
*Entran en vigor hoxe.
Comments