top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 13 de marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Melide volve rexistar algún caso e así baixan a seis os concellos que non contabilizan ningún afectado


Laura Moure

SÁBADO 13 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Chegamos á fin de semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, sábado 13 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son seis, un menos ca onte, os municipios que non rexistran novos casos: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Antas de Ulla e Palas de Rei, xa que hoxe Melide volve ter algún afectado. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín e Silleda.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Arzúa, Boimorto, Touro e O Pino seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos están no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Agolada, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado; Lalín pasa de14 a 15 activos, tal e como informou o alcalde hoxe despois do mediodía; Silleda onte pasou de seis a 37 debido a un gromo na Residencia de Maiores da localidade, tal e como anunciou o Concello e Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados, en concreto onte tiña seis como indicou o Concello. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, é dicir no mínimo.

Na comarca Terra de Melide, Sobrado dos Monxes e Toques seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados e hoxe volve estar nesta escala Melide mentres que en Santiso segue sen rexistrarse novos casos. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, na comarca da Ulloa, un día máis en Antas de Ulla e Palas de Rei non se contabilizaron novos afectados nos sete últimos días e Monterroso sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Debemos ser prudentes e tomar todas as precaucións para evitar que os casos volvan ascender.

Fonte: Ecos da Comarca


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page