Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 12 de marzo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 12 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 38 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 30 casos, un máis que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 181 afectados, un menos que na xornada de onte. Silleda conta con 69 casos activos, dous máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 25 casos activos, un máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 52 casos activos, dous menos que na xornada de onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos. Pola súa parte Monterroso sitúase con 10 casos activos, os mesmos que onte.


554 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE