top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 12 de febreiro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 12 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 82 casos activos, un menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 19 casos activos, tres menos que fai 24 horas. O Pino ten 115 casos, tres menos que onte. Pola súa parte Touro ten 40 casos activos, un máis menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 11 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 13 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Lalín conta con 377 afectados, doce menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 10 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Silleda conta con 199 casos activos, nove menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 70 casos activos, seis menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 109 casos activos, cinco menos que na xornada de onte. Santiso ten 18 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 27 afectados, cinco menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 18 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 38 casos activos, dous menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 86 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 39 casos activos, un menos que na xornada de onte.


 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page