top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 10 de xullo

Son cinco os municipios que están libres de coronavirus, hoxe baixan desta lista os municipios de Agolada e Monterroso


IsmaelRS/Xeral/ACTUALIZACIÓN 17:10 horas

SÁBADO, 10 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 10 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son cinco os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Dozón, Melide, Santiso, Boimorto e Toques, un municipio menos que fai 24 horas. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto e único municipio de esta comarca que se encontra libre de coronavirus. Mentres que Arzúa, O Pino e Touro se atopan nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, Lalín, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces teñen algún contaxio. Agolada únese hoxe a esta lista e pasa a ter una taxa entre 1-9 contaxios. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas, ten entre 1 e 9 afectados, pero en concreto ten nove casos activos, tres máis ca días anteriores, como indicou este sábado o alcalde do municipio, José Crespo. E Silleda ten dende o mércores catro casos activos. "A día de hoxe, mércores, son catro os casos confirmados. Ao caso que se coñecía onte martes, sumáronse nas últimas horas outros tres. Segundo fontes sanitarias, hai dúas persoas que estaban vacinadas e que acudiron a facer a proba ao ter síntomas leves", indica o Concello.


Na comarca Terra de Melide Melide, Santiso e Toques non teñen ningún caso, pola contra Sobrado dos Monxes sigue a estar situado entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Monterroso únese hoxe a esta lista, mentres que Antas de Ulla e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Cambados.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Salceda de Caselas, Ribadavia, Barbadás, Ourense, Redondela, Pontevedra, Marín, Poio, Caldas de Reis e Culleredo.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

As mencionada restricións entran en vigor hoxe.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page