top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 10 de decembro

Contamos nas Comarcas con oito concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, O Pino, Palas de Rei, Santiso e Toques


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 10 DECEMBRO (DATOS DE ONTE)

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 10 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con oito concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, O Pino, Palas de Rei, Santiso e Toques.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Arzúa, Boimorto e O Pino. Pola súa parte Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Na comarca dezá, contamos cun só concello libre de casos, é o caso de Dozón. Pola súa parte Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Santiso e Toques. Pola súa parte Melide e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page