top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 1 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 1 XANEIRO

Comezamos o ano informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 1 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 33 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 12 casos activos, un máis que fai 24 horas. O Pino ten 42 casos, tres máis que onte. Pola súa parte Touro ten 35 casos activos, dous máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten 14 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 87 casos activos, oito máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 19 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 231 afectados, 17 máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 66 casos activos, tres máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 70 casos activos, sete máis que na xornada de onte. Pola súa parte o municipio de Santiso ten 18 casos activos, dous menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 37 casos, seis máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 26 casos activos, catro máis que na xornada de onte.


ÚLTIMAS MEDIDAS DE LOITA CONTRA O CORONAVIRUS:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page