top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 07 de agosto

Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas. Hoxe o municipio que máis casos rexistra é para Rodeiro con catro novos contaxios


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO, 07 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 07 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Contamos con un municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Melide e Palas de Rei) e tres no nivel medio (Arzúa, Silleda e Touro) e os 11 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 18 casos, dous máis que fai 24 horas, O Pino ten 34 afectados, un menos que fai 24 horas, Touro ten 22 afectados, un máis que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón porque Rodeiro ten 14 casos activos, catro máis que fai 24 horas. En Agolada, tal e como confirmou antonte o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai un único caso activo; Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 42 afectados, os mesmos que onte; Silleda ten 32 casos activos, os mesmos que fai 24 horas e pola súa parte Vila de Cruces rexistra 14 afectados, un menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos: Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos; o Sergas indica que Melide ten 50 afectados, tres menso que fai 24 horas. Toques contabiliza entre 1-9 afectados, os mesmos ca onte, e pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 11 casos activos, dous menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso sitúase con 33 casos de Covid, 13 menos que fai 24 horas. E Palas de Reis rexistra 30, os mesmos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.

Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

  • Nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

*Entran en vigor hoxe.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page