top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 03 de xullo

Son nove os municipios que están libres de coronavirus



IsmaelRS/Xeral

SÁBADO, 03 XULLO

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 03 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son nove os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Silleda, Melide, Santiso, Antas de Ulla, Boimorto, Touro e Toques porque a última hora de onte xoves o alcalde de Rodeiro indicou que hai dous casos neste concello. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto e Touro están libres de coronavirus. Mentres que Arzúa e O Pino se atopan nunha taxa entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezana hai tres municipios libres de Covid: Agolada, Dozón e Silleda que non teñen ningún caso dende hai días. Lalín ten algún contaxio. Segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas, ten entre 1 e 9 afectados e antonte o alcalde do municipio, José Crespo, indicou que hai tres casos activos. E Vila de Cruces e Rodeiro volven ter entre 1 e 9 afectados. Pola súa parte Rodeiro ten en concreto, dous casos tal e como informou antonte o alcalde do municipio, Rubén Quintá.


Na comarca Terra de Melide Melide, Santiso e Toques non teñen ningún caso, pola contra Sobrado dos Monxes sigue a estar situado entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla é o único municipio que está libre de Covid, mentres que Monterroso e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Carnota e Sarria.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas están en vigor dende hoxe.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page