Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

  • IsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 8 de xuño

Hai nove municipios libres de coronavirus, todos encóntranse no nivel mínimo restricións


IsmaelRS/Xeral/ACTUALIZACIÓN 19:20 HORAS

MARTES, 8 XUÑO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 8 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son nove, os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Vila de Cruces, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa e O Pino. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, o municipio de Arzúa e O Pino non rexistra ningún caso, mentres que Boimorto e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana Agolada, Dozón e Vila de Cruces non teñen ningún caso dende hai días. Mentres Rodeiro sitúanse cunha taxa de entre 1 e 9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días, tal e como indicou o Sergas pola mañá, pero pola tarde, o alcalde do municipio, Rubén Quintá, informou que hai cero afectados. E Lalín e Silleda segundo a incidencia acumulada a 14 días tamén teñen entre 1 e 9 casos. En concreto, e segundo os últimos datos, Silleda ten catro casos activos, Lalín segue con dous, tal e como informou onte o alcalde José Crespo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes non teñen ningún caso, mentres que Melide e Toques volve ter algún afectado. Todos están no nivel máis baixo de limitacións.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso atópanse libres de Covid, pola súa banda Palas de Rei volve ter algún contaxio. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.