top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 8 de novembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Palas de Rei, Santiso, Rodeiro e Touro


IsmaelRS/Xeral

MARTES 8 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 8 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Palas de Rei, Santiso, Rodeiro e Touro.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Agolada e Rodeiro. Dozón, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días. Pola súa parte Lalín sitúase con 14 casos activos, cinco máis que onte.


Na comarca Terra de Melide, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Santiso. Pola súa parte Melide, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page