Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 8 de febreiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 8 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 8 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 91 casos activos, catro menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 29 casos activos, tres menos que fai 24 horas. O Pino ten 127 casos, dous máis que onte. Pola súa parte Touro ten 49 casos activos, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 18 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 14 afectados, dous menos que fai 24 horas. Lalín conta con 398 afectados, tres máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 23 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Silleda conta con 235 casos activos, doce máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 83 casos activos, dous menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 120 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Santiso ten 13 casos activos, un máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 34 afectados, tres máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 38 casos activos, dous máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 84 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 48 casos activos, cinco menos que na xornada de onte.


964 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE