Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
MARTES 5 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 5 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse dende onte nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte O Pino ten 12 casos, dous menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 20 afectados, cinco menos que onte. Silleda conta con 25 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 40 casos activos, un máis que onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 18 casos activos, cinco menos que onte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 14 casos, os mesmos que fai 24 horas. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Comments