Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
MARTES 4 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 4 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 40 casos activos, catro máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 14 casos activos, dous máis que fai 24 horas. O Pino ten 49 casos, dous máis que onte. Pola súa parte Touro ten 40 casos activos, dous menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten 17 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 100 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 29 casos activos, seis máis que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 264 afectados, 13 máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 79 casos activos, oito máis que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 76 casos activos, dous máis que na xornada de onte. Santiso ten 18 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 10 casos activos, un máis que na xornada de onte.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 39 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 31 casos activos, cinco máis que na xornada de onte.

Commentaires