Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 31 de agosto

Continúa a escalada de afectados, o caso máis preocupante segue a ser o de Melide que está por riba dos 100 casos activos


IsmaelRS/Xeral

MARTES, 31 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 31 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os municipios das comarcas teñen casos de Covid-19. Contamos con un municipio no nivel alto (Melide) e outro no nivel medio (Silleda) os 15 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Touro atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados. Boimorto ten 16 casos activos; O Pino teñen 25 casos activos. Pola súa parte Arzúa sitúase con 45 casos, dous máis que onte.


Na comarca dezana todos os municipio teñen casos Covid, Dozón sitúase nunha escala entre 1-9 afectados. Agolada teñen 25 casos activos, un máis que fai 24 horas. Rodeiro conta con 4 casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 52 afectados; Silleda ten 27 casos activos, un máis que onte e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Sobrado dos Monxes e Toques están nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. Pola súa parte Melide pasa a ter 114 casos, tres casos máis que fai 24 horas, e Santiso pasa a situarse con 13 afectados, os mesmos que onte


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas ten 11 contaxios, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 35 casos, un caso máis que onte, mentres que Palas de Rei sitúase con 28 afectados, un máis que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, Boimorto, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso e Silleda son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Ordes e Monforte de Lemos.

  • Nivel alto na provincia da Coruña, os municipios de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda, Pontedeume, Ares, Cariño, Melide e Trazo; en Lugo os de Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón e Sober; na provincia de Ourense os municipios de O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo e A Rúa; e, na provincia de Pontevedra estarán Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Nigrán, O Rosal e A Cañiza.

  • Nivel medio na provincia da Coruña, os municipios de A Coruña, Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Ponteceso, Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño, Fene, Narón, Cabanas de Bergantiños, Mugardos, Ferrol, Rianxo, Boiro, Santa Comba, Oroso, Porto do Son e Santiago de Compostela; en Lugo os de Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte; na provincia de Ourense os de Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín; e, na provincia de Pontevedra estarán A Lama, Marín, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu, Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén. O Porriño, Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Silleda, Tui e Tomiño.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

NOTICIAS RELACIONADAS:

Cibado en O Pino

Novos niveis de restricións



562 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE