Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 29 de novembro
- IsmaelRS

- 29 nov 2022
- 2 Min. de lectura
Contamos nas Comarcas con dez concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Boimorto, Palas de Rei, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
MARTES 29 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 29 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con dez concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Boimorto, Palas de Rei, Santiso, Silleda, Sobrados dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con dous concellos libres de casos activos, é o caso de Boimorto e Touro. Pola súa parte Arzúa e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Silleda e Vila de Cruces. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 17 casos activos, catro máis que onte.
Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de casos activos, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de casos activos, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.








Comentarios