Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 29 de marzo
- ecosdacomarca
- 29 mar 2022
- 2 Min. de lectura
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
MARTES 29 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 29 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 46 casos activos, seis menos que fai 72 horas. Boimorto sitúase nunha con 13 casos activos, os mesmos que fai 3 días. O Pino ten 17 casos, catro menos que fai 72 horas. Pola súa parte Touro ten 19 casos activos, os mesmos que fai 3 días.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada e Dozón sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 95 afectados, 23 menos que fai 3 días. Silleda conta con 40 casos activos, dous máis que fai 72 horas. Rodeiro ten 18 casos activos, catro menos que fai 3 días. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 16 casos activos, os mesmos que fai 72 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 32 casos activos, tres máis que fai 3 días. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 22 casos, dous máis que fai 72 horas. Palas de Rei sitúanse con 17 casos activos, un máis que fai 3 días. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos dende fai varias semanas.

Comments