Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 28 de decembro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 28 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 28 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 25 casos activos, un máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 18 casos, tres máis que onte. Pola súa parte Touro ten 15 casos activos, tres máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten nove positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 45 casos activos, un máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 18 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 140 afectados, cinco máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 41 casos activos, sete máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 35 casos activos, catro máis que na xornada de onte. Pola súa parte o municipio de Santiso ten 14 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 23 casos, catro máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 17 casos activos, os mesmos que na xornada de onte.


ÚLTIMAS MEDIDAS DE LOITA CONTRA O CORONAVIRUS:


1776 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE