top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 26 de xullo

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 26 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 26 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 14 afectados, dous máis que fai 72 horas. Pola súa parte Silleda conta con 14 afectados, un máis que fai 3 días.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide, Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page