top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 26 de Abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 26 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 26 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 26 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 17 casos activos, dous máis que onte. O Pino sitúase con 18 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 12 casos activos, un menos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Agolada sitúase con 10 casos, os mesmos que onte. Lalín conta con 59 afectados, seis máis que fai 24 horas. Silleda conta con 30 casos activos, seis máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 10 casos activos, tres menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 55 casos activos, seis máis que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 15 casos activos, dous máis que onte. Monterroso sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 16 casos activos, tres máis que onte.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page