Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 25 de maio

Hai seis municipios libres de coronavirus e só Santiso está no nivel medio de restrincións, mentres que o resto encóntrase no mínimo


IsmaelRS / Xeral/ACTUALIZACIÓN 20:15 HORAS

MARTES, 25 MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Seguen sendo sete os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Palas de Rei, O Pino e Boimorto. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días, aínda que os casos activos superan a decena en Lalín, segundo os últimos datos.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana todos os municipios contan con algún caso de coronavirus o último en unirse a esta lista é Vila de Cruces. Os muncipios de Vila de Cruces, Agolada e Dozón sitúanse cunha taxa de entre 1 e 9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. E en concreto, Agolada ten un único afectado. Rodeiro pola súa parte ten tres casos activos, segundo informou o alcalde, Rubén Quintá. E Lalín e Silleda segundo a incidencia acumulada a 14 días teñen entre 1 e 9 casos. En concreto, segundo os últimos datos Silleda ten oito casos activos, como indicou este luns o Concello, e Lalín, 11, a mesma cifra que onte, segundo informan dende o consistorio. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide e Santiso, sitúase nunha taxa entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Santiso que continúa no nivel medio.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Palas de Rei atópanse libres de Covid, mentres que Monterroso sitúase nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días, mentres que a sete días non rexistra novos contaxios.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por concello As novas limitación por concello son as seguintes:

  • Nivel máximo de restricións está o concello de Lobios.

  • Nivel alto: Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros.

  • Nivel medio de limitacións están os municipios de Boborás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.

  • Resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.

O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.

149 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE