top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 23 de marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Melide e Palas de Rei non contabilizan novos contaxios e hoxe súmase a esta listaxe Sobrado, mentres Silleda rexistra a maior cifra, 52 activos

Laura Moure

MARTES 23 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Un días máis informamos dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, martes 23 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son sete, un máis ca onte, os municipios que non rexistran novos casos: Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Melide, Palas de Rei e hoxe súmase a esta listaxe Sobrado dos Monxes. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda, que supera os 50 casos activos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Boimorto, Touro, O Pino e Arzúa seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado desde fai semanas; Lalín ten oito casos activos, un menos ca onte, tal e como informou o alcalde do municipio e Silleda 52. Cabe lembrar que gran parte dos contaxios do municipio silledense están na residencia de maiores onde se detectou un gromo. O sábado faleceu un usuario desta residencia de 87 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O Sergas apuntou que tiña patoloxías previas. Por último, Agolada e Vila de Cruces sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide, Santiso, Toques e Melide continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días e hoxe tamén se suma Sobrado dos Monxes, polo tanto son moi boas novas para os catro municipios desta comarca. Aquí todos os concellos están no nivel baixo de restrincións menos Sobrado que, de momento, continúa no alto.


Por último, na comarca da Ulloa, Antas de Ulla e Monterroso seguen tendo entre 1 e 9 contaxiados. Pola contra, Palas de Rei non contabiliza ningún novo afectado unha xornada máis. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Cabe recordar que o goberno galego estableceu catro novos niveis de limitacións que entraron en vigor este venres:

  1. No nivel máximo: Seguirá a hostalaría pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes. Están neste nivel Vilardevós, Paradela e Maside.

  2. No nivel alto, que teñen entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes, figuran Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo. A hostalaría poderá abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.

  3. No nivel medio tamén o peche dos locais hostaleiros será ás nove da noite. Permitirase o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Nesta listaxe figuran 14 municipios: Laxe, Ponteceso, Culleredo, A Coruña, Bergondo, Mugardos, Valdomiño, Guitiriz, Boimorto, Chantada, Pantón, Sober, Coles e Soutomaior.

  4. No nivel baixo: tamén se amplía o horario de restaurantes, bares e cafeterías ata ás 21 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

A mobilidade permítese entre todos os concellos, agás nos tres que están no nivel máximo, con incidencia maior a 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Fonte: Ecos da Comarca



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page