top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 22 de novembro

Contamos nas Comarcas con sete concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Boimorto, Dozón, Santiso, Silleda, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

MARTES 22 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 22 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con sete concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Boimorto, Dozón, Santiso, Silleda, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con dous concellos libres de casos activos, é o caso de Boimorto e Touro. Pola súa parte Arzúa e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos con catro concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Dozón, Silleda e Vila de Cruces. Rodeiro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 casos activos, os mesmos que onte.


Na comarca Terra de Melide, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Santiso. Pola súa parte Melide, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con casos activos. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page