top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 22 de marzo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 22 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 33 casos activos, catro máis que fai 48 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 27 casos, dous menos que onte. Pola súa parte Touro ten 14 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada e Dozón sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 111 afectados, un máis que na xornada de onte. Silleda conta con 48 casos activos, os mesmos que onte. Rodeiro ten 14 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 17 casos activos, un máis que onte.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 23 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, mentres que Sobrado dos Monxes conta con 16 casos ctivos, tres máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso e Palas de Rei sitúanse con 10 casos activos. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase dende hoxe nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page