top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 21 de decembro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 21 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto e O Pino sitúanse con 10 casos activos. Arzúa ten 19 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Pola súa parte Touro sitúase con 11 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Pincha no enlace para obter máis información.

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten catro positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 22 casos activos, catro máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 10 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 74 afectados, sete máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 14 casos activos, os mesmos que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte o municipio de Melide, sitúase con 20 casos activos, tres máis que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 10 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Mentres que os municipios de Monterroso e Palas de Rei sitúanse con 14 casos activos.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page