Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

  • IsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 20 de xullo

Un único municipio libre de coronavirus, un menos que fai 24 horas, hoxe cae desta lista Santiso, a situación e máis preocupante en Arzúa, Lalín, Melide, O Pino e Silleda


IsmaelRS/Xeral/ACTUALIZACIÓN 18:00 HORAS

MARTES, 20 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 20 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 27 casos, seis máis que fai 24 horas, O Pino ten en 13 afectados, un máis que fai 24 horas, Boimorto e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, tal e como confirmou despois do mediodía o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai só un caso activo, tras recibir a alta os outros dous. Rodeiro, segundo o Sergas, está entre 1 e 9, pero hoxe pola tarde o alcalde, Rubén Quintá, especificou que hai catro casos activos. "Ollo! Que non se pense que só é algo que afecta a quen non está vacinado. Os casos destes días son case todos de veciños que recibiron a pauta completa da vacina", recalca Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 29 afectados, un máis que onte. E Silleda ten 33 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apunta o Sergas, os mesmos que fai 24 horas.