top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 19 de xullo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 19 XULLO

ree

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días. Pola súa parte O Pino sitúase con 11 afectados, un máis que fai 24 horas.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 23 afectados, cinco menos que fai 24 horas. Silleda conta con 10 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 10 afectados, un menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 21 afectados, dous máis que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

ree
Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page