Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 19 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 19 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 24 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 29 casos activos, un máis que onte. O Pino sitúase con 10 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 10 casos activos, os mesmos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 36 afectados, un menos que fai 24 horas. Silleda conta con 18 casos activos, cinco menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 15 casos activos, tres máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 42 casos activos, un menos que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Palas de Rei conta con 29 casos activos, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Antas de Ulla e Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


511 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE