Contamos con nove municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
MARTES 16 NOVEMBRO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con nove municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, son dous os municipio que están libres de covid: Boimorto e Touro. Pola súa parte Arzúa e O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.
Na comarca dezá contamos con tres municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta cun caso activo, tal e como informaron o venres pasado, dende o concello. Pola súa parte Silleda e Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados. "Seguindo a tónica xeral, o municipio de Silleda volve rexistrar casos de Covid-19. Despois de máis dun mes sen casos activos, hoxe, luns, son catro as persoas afectadas no noso municipio, unha delas ingresada. Ademais de desexarlles unha pronta recuperación apelamos á responsabilidade individual ante este repunte xeral de casos", informou onte pola mañá o Concello de Silleda.
Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra os municipios de Melide e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Por último, na comarca da Ulloa contamos con dous municipios libres de covid: Antas de Ulla e Monterroso. Pola súa parte Palas de Rei dende antonte volve contar con casos, e sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados.
Comments