top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 16 de marzo

Son seis os concellos que non rexistran novos casos e só Lalín e Silleda superan a decena de casos


Laura Moure

MARTES 16 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Un días máis continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, martes 16 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son seis os municipios que non rexistran novos casos: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Antas de Ulla e Arzúa. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín e Silleda.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Boimorto, Touro e O Pino un día máis seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Sen embargo, Arzúa non contabiliza ningún novo caso nas últimas sete xornadas. Todos están no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Agolada, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado; Lalín ten 13 activos, un menos ca onte, e Silleda ascende a 39 e destes, 36 corresponden á residencia de maiores. Dende o Concello de Silleda estase á espera das decisións que adopte esta tarde o comité clínico. E Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, é dicir no mínimo.


Na comarca Terra de Melide, Sobrado dos Monxes, Toques e Melide seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados. Concretamente, o municipio melidense ten un único afectado como informou pola tarde o Concello mentres que Santiso continúa sen rexistrar novos casos. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, na comarca da Ulloa, un día máis en Antas de Ulla non se contabilizaron novos afectados nos sete últimos días, mentres que Monterroso e Palas de Rei sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page