top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 16 de febreiro

Tres municipios seguen libres do virus e no resto, na maioría, tenden á baixa


Laura Moure

MARTES 16 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, martes 16, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón e Antas de Ulla seguen con cero casos e en xeral, o número está baixando con respecto ás semanas anteriores, pero é necesario seguir tomando todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.


Na comarca arzuana Arzúa que pasa de 52 a 51, mentres que O Pino mantense con 11 e Touro e Boimorto continúan cunha taxa de entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro rexistran cero afectados. Lalín, segundo o Sergas, baixa de 61 a 58; Silleda de 46 a 43 e Vila de Cruces de 29 a 27. En Agolada o Sergas sinala que se sitúa cunha taxa de entre 1 e 9. Despois do mediodía o concelleiro de Sanidade deste municipio, Marcos Galego, informou que son oito os casos activos, polo tanto dous máis ca onte.


Na comarca Terra de Melide, na localidade melidense son un menos os afectados con respecto a hai 24 horas e rexistra 18 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcendeu o número concreto.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza cero casos, Monterroso segue cun rango de entre 1 e 9 e en Palas de Rei descense en dous casos e rexistra 13 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page