top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 15 de novembro

Actualizado: 16 nov 2022

Contamos nas Comarcas con cuatro concellos libres de afectados, é o caso de Agolada,

Santiso, Silleda e Sobrado dos Monxes


IsmaelRS/Xeral

MARTES 15 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Santiso, Silleda e Sobrado dos Monxes.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con casos activos. Pola súa parte Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Agolada e Silleda. Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 11 casos activos, sete menos que fai cinco días.


Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concello libre de casos, é o caso de Santiso e Sobrado dos Monxes. Pola súa parte Melide e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con casos activos. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page