top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 12 de xullo

Actualizado: 13 jul 2022

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 12 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 16 afectados, un menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 10 casos activos, tres menos que onte. Pola súa parte O Pino sitúase con 17 afectados, un menos que fai 24 horas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 13 afectados, tres menos que onte. Lalín conta con 51 afectados, dos menos que fai 24 horas. Silleda conta con 25 afectados, cuatro menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 21 afectados, un menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide conta con 11 afectados, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 11 afectados, os mesmos que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Monterroso conta con 16 afectados, os mesmos que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page