top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 12 de outubro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos con trece municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Dozón, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques. Dende onte súmase a esta lista o municipio de Sobrado dos Monxes


IsmaelRS/Xeral

MARTES 12 OUTUBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con trece municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Dozón, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, tres dos municipio están libres de covid: Arzúa, O Pino e Touro. Pola súa parte Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos.


Na comarca dezana contamos con tres municipios libre de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón e Rodeiro. Pola súa parte Lalín, Silleda e Vila de Cruces están nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varias xornadas.


COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca Terra de Melide todos os municipios están libres de casos: Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques.


COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page