top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 11 de xaneiro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 11 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 72 casos activos, seis máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 26 casos activos, tres máis que fai 24 horas. O Pino ten 74 casos, dous máis que onte. Pola súa parte Touro ten 41 casos activos, catro menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 24 positivos, dous máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 14 afectados, un máis que fai 24 horas. Lalín conta con 364 afectados, trece máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 44 casos activos, oito máis que fai 24 horas, tal como informa o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 109 casos activos, catro máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 80 casos activos, seis menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 117 casos activos, oito máis que na xornada de onte. Santiso ten 15 casos activos, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 22 casos activos, seis máis que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 12 casos activos, un menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 59 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 42 casos activos, un máis que na xornada de onte.


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page