Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 10 de agosto

Son tres os municipios libres de coronavirus, un máis que fai 24 horas. Hoxe o municipio que máis casos rexistra é para Rodeiro con oito novos contaxios


IsmaelRS/Xeral

MARTES, 10 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 10 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son tres os municipios sen ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón e Santiso. Contamos con un municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Melide e Palas de Rei) e tres no nivel medio (Arzúa, Silleda e Touro) e os 11 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 14 casos, un menos que fai 24 horas, O Pino ten 11 afectados, dous menos que onte, Touro ten 24 afectados, un máis que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai dous municipios libres de Covid: Agolada e Dozón. Agolada encontrase dende onte libre de casos, tal e como informa o Sergas. En Rodeiro suben os afectados e ten 22 casos activos, tal e como informou onte pola tarde o alcalde, Rubén Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 32 afectados, os mesmos que onte; Silleda ten 33 casos activos, dous máis que fai 24 horas e pola súa parte Vila de Cruces rexistra 16 afectados, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide un único municipio libre casos: Santiso pasa a situarse nesta lista dende hoxe; o Sergas indica que Melide ten 32 afectados, catro menos que fai 24 horas. Toques contabiliza entre 1-9 afectados, os mesmos ca onte, e pola súa parte Sobrado dos Monxes encontrase entre 10 casos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso sitúase con 20 casos de Covid, dous menos que fai 24 horas. E Palas de Reis rexistra 24, cinco menos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.

Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

  • Nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

289 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE