top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 1 de febreiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 1 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 1 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 120 casos activos, catro menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 42 casos activos, dous menos que fai 24 horas. O Pino ten 131 casos, un menos que onte. Pola súa parte Touro ten 62 casos activos, tres menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 15 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 23 afectados, dous menos que fai 24 horas. Lalín conta con 485 afectados, 17 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 46 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Silleda conta con 239 casos activos, dez máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 104 casos activos, tres menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 167 casos activos, un máis que na xornada de onte. Santiso ten 25 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 41 afectados, tres máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 21 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 34 casos activos, tres máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 70 casos, tres máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 70 casos activos, un máis que na xornada de onte.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page