Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 07 de setembro

Contamos con un único municipio libre de covid, hoxe súmase a esta lista o municipio de Dozón. Continúa a desescalada de afectados en case todos os concellos, o caso máis preocupante segue a ser o de Melide que dende hoxe volve

estar por debaixo dos 100 casos


IsmaelRS/Xeral

MARTES, 07 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 07 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os municipios das comarcas teñen casos de Covid-19. Contamos con un municipio no nivel máximo (Melide), sete no nivel alto (Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Lalín, Monterroso, O Pino e Palas de Rei) e tres no nivel medio (Boimorto, Santiso e Silleda) os seis municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Touro atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados. Boimorto ten 15 casos activos, os mesmos que fai 24 horas; O Pino teñen 33 casos activos, tres máis que onte. Pola súa parte Arzúa sitúase con 48 casos, catro menos que fai 24 horas.


Na comarca dezana só un municipio libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Agolada ten 14 casos activos, cinco menos que fai 24 horas, tal e como informou hoxe pola mañá o Concello e Rodeiro conta con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 45 afectados, un menos que fai 24 horas; Silleda ten 22 casos activos, un menos que onte e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Sobrado dos Monxes está nunha escala de entre 1 a 9 contaxios; Toques conta con 12 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Pola súa parte Melide pasa a ter 93 casos, trece menos que fai 24 horas, e Santiso sitúase con 10 afectados, os mesmos que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas ten 14 contaxios, os mesmos que na xornada de onte. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 41 casos, os mesmos que onte, mentres que Palas de Rei sitúase con 35 afectados, un menos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, Boimorto, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda e Toques son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos.

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos municipios da Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

332 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE