Son oito os municipios que están libres de coronavirus, dous menos que fai 24 horas, hoxe baixan de esta lista os municipios de Silleda e Touro
IsmaelRS/Xeral
MARTES, 06 XULLO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 06 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son oito os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Melide, Santiso, Antas de Ulla, Monterroso, Boimorto e Toques, son dous municipios menos dende fai 24 horas. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto e único municipio de esta comarca que se encontra libre de coronavirus, sae desta lista hoxe o municipio de Touro e pasa a situarse entre 1 e 9 casos. Mentres que Arzúa e O Pino se atopan nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.
Na comarca dezana hai dous municipios libres de Covid: Agolada e Dozón que non teñen ningún caso dende hai días. Lalín, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces teñen algún contaxio. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas, ten entre 1 e 9 afectados e onte dende o consistorio, indicaron que hai catro casos activos. E Silleda volven ter entre 1 e 9 afectados despois de semanas sen rexistrar casos. Pola súa parte Rodeiro ten en concreto, dous casos tal e como informou o xoves pasado o alcalde do municipio, Rubén Quintá.
Na comarca Terra de Melide Melide, Santiso e Toques non teñen ningún caso, pola contra Sobrado dos Monxes sigue a estar situado entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas.
Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso están libre de Covid, mentres que Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Rodeiro son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:
Nivel alto de restricións para os concellos de Carnota e Sarria.
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
Kommentare